Tarefas semana 13. 16 - 19 de xuño.
- rodriguezmartinezm0
- 16 jun 2020
- 1 Min. de lectura
Bo día nen@s e famili@s!
Chegamos á derradeira semana de curso. Queremos compartir con vós a ligazón a unhas actividades que quedaron sen facer no libro de texto.
O curso xa está rematado, polo que, simplemente as compartimos con vós para que as fagades cando teñades tempo, ao longo do verán. Son tarefas de repaso de contidos traballados durante este trimestre.
Premede na imaxe para acceder a elas.
Sen máis, agradecervos e felicitarvos por todo o esforzo que realizastes tanto vós como a vosa familia.
Unha aperta moi forte!
Ana e Mónica.
Comments