top of page
Buscar
rodriguezmartinezm0

23 de abril: Día do Libro.

Bo día a tod@s:

Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro.

Xa sabedes a importancia e os beneficios que ten a lectura, polo que vos animamos a seguir lendo e a adentrarvos nas marabillosas historias que só un libro nos pode brindar.

Hai uns días recomendamos entrar na páxina da Editorial Baía Edicións, xa que ofrecen algúns dos seus libros para descargar de xeito gratuíto. Podedes acceder a través da lapela “RECURSOS” deste blog.

Hoxe, queremos compartir con vós máis recursos de lectura dixital:


  • Editorial Kalandraka “Cuentos contados”: Trátase dunha iniciativa audiovisual na que cada día van subindo un vídeo contando un conto dos dispoñibles no seu catálogo. Hai moita variedade, aquí vos deixamos o enlace.


  • Editorial Weeble, onde podemos atopar libros para ler en formato dixital ou en formato PDF para a súa descarga. Hai varios de Educación Emocional moi interesantes.


  • Nesta páxina atoparédes moitos audiocontos, entre eles, o Monstro de Cores.


  • Editorial Pintar - Pintar.




  • A Editorial Xerais tamén se une a esta iniciativa e comparte con nós 4 libros.



Agardamos que vos gusten!






29 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

コメント


bottom of page