Bo día nen@s e familias!
Hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
A educación ambiental é unha temática recollida no currículo oficial e é moi importante traballala e concienciarnos dende ben pequen@s.
Por todo isto, as tarefas propostas para hoxe van enfocadas ao repaso e traballo destes contidos transversais, relacionados todos eles coas distintas conmemoracións que xa viñemos traballando durante este trimestre:
· Día da Terra (22 de abril)
· Día Mundial da Reciclaxe (17 de maio)
· Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño)
· Día Mundial dos Océanos (8 de xuño)
No apartado de RECURSOS do blog, deixamos unha guía sobre a reciclaxe e a ligazón a un cartafol con xogos sobre o medio ambiente.
Comments