Hoxe, 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Bullying ou Acoso Escolar pola necesidade de concienciar sobre este tema a nivel mundial, así como de buscar os mecanismos para evitar este mal, hoxe en día convertido nun tremendo perigo para a poboación infantil e xuvenil.
A causa represéntase cun lazo solidario de cor púrpura (aínda que nalgúns lugares podedes velo azul).
Qué se entende por bullying ou acoso escolar?
O Bullying (do inglés = intimidación) ou acoso escolar é a forma de comportarse ou dirixirse a outra persoa, xa sexa verbal e/ou físicamente -e sen motivación aparente- causando un daño temporal ou permanente na vítima. O acosador ou acosadores molestan ou búrlanse dos seus semellantes insistentemente (ameazan, intimidan, manipulan e/ou agreden físicamente)
Se os papás e as mamás queredes saber máis sobre este tema:
Para comezar a coñecer esta problemática e aportar o noso gran de area á causa, propoñémosvos facer con tea, papel… o voso propio lazo solidario, pode ser pintado ou decorado coma no exemplo, e, pola outra cara, pensar e escribir a mensaxe que lle diríades a un neno/a que sofre acoso escolar! Despois, compartide con nós os vosos lazos e mensaxes!
Descarga o teu LAZO premendo AQUÍ.
Tamén compartimos con vós este fermoso vídeo acompañado dunha fermosa canción e mensaxe. Coñecedes esa voz? Siiii!!! É a profe Antía!
Comments