top of page
Buscar

Segunda semana

  • rodriguezmartinezm0
  • 24 mar 2020
  • 1 Min. de lectura

HOLA FAMILIAS:

A continuación axuntamos un enlace con algunhas tarefas para esta semana, ademáis da tarefa de composición escrita proposta na entrada anterior.

Tal e como comentamos a semana pasada, sabemos que nestes momentos, a situación de cada familia é moi particular, son momentos complicados os que estamos a vivir e nos que o fundamental é preocuparnos pola nosa saúde e a dos nosos. Tendo en conta isto, queremos resaltar que a realización das tarefas propostas conta cun alto grao de flexibilidade, adaptándonos sempre segundo as necesidades e a situación particular que esteamos vivindo. O obxectivo das tarefas é que os nenos e nenas teñan unha rutina diaria.

Quedamos á vosa disposición para calquer dúbida que teñades ou para calquer cousa que precisedes.

Podedes enviar un correo electrónico ou contactar a través deste blog . Pregamos que cando vos poñades en contacto con nós, vos identifiquedes, dicindo o nome do voso fillo ou filla.


Moitas grazas pola vosa colaboración e moito ánimo!

Un saúdo!


Mónica e Ana.







 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
VÍDEO LETRAS GALEGAS. Parte II

Queridas familias e alumn@s, non nos esquecemos... Aquí vos deixamos un segundo vídeo con máis nenos e nenas recitando para celebrar o...

 
 
 

コメント


bottom of page